CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concerto didáctico da Escola de Música de Sober no Centro Sociocomunitario

Tiña como convidado especial ao gaiteiro Suso Vaamonde e tamén contaba co Coro Berea

Con Suso Vaamonde e doce instrumentos singulares desenvolvíase na mañá do 6 de xuño o “Concerto Didáctico” da Escola Municipal de Música de Sober no Centro Sociocomunitario desta localidade lucense. Tamén contaban coa participación Coro Berea.

Entre o público que seguíu a actuación había alumnos dos colexios de Bóveda, O Saviñao, Pantón e Sober. O alcalde soberino, Luis Fernández Guitián, agasallaba ao gaiteiro Suso Vaamonde cunha peza de olería de Gundivós para agradecer a súa participación no concerto.

Fotos: Concello de Sober.

Artigos relacionados

Back to top button