ConcellosÚltima hora

Concerto do Cristo da Banda de Música do Barco o 14 de setembro

Esta actuación comezará as 13:30h. na praza do Sagrado. Antes esta formación musical tocará na procesión

Imaxe do concerto da Banda de Música do Barco o pasado ano nas Festas do Cristo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A Banda de Música do Barco acompañará coas súas melodías a celebración do día grande das Festas do Cristo nesta vila, o 14 de setembro, unha xornada moi especial para veciños e visitantes. Esta formación tocará durante a procesión coa imaxe de Xesús Nazareno, que sairá ás 12h. dende a igrexa de San Mauro e despois voltará ao casco antigo para finalizar na Praza Maior.

Xusto despois da misa, e sen saír do casco antigo, a Banda de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos, dará o seu xa tradicional concerto do Cristo. Será ás 13:30h. na Praza do Sagrado. Nel interpretará unha selección de pezas que irán dende os pasodobres ata as bandas sonoras de coñecidas películas.

Artigos relacionados

Back to top button