CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto do Orfeón Valdeorrés e da Banda de Música do Barco, o 20 de decembro

Esta actuación comezará a partir das 20:30h. na igrexa de Santa Rita

Actuación do concerto da Banda de Música e do Orfeón Valdeorrés no pasado Nadal./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova cita coa música navideña no Barco. A Igrexa de Santa Rita acollerá a partir das 20:30h. do venres 20 de decembro o xa tradicional concerto do Orfeón Valdeorrés e da Banda de Música do Barco. Os primeiros en subirse ao escenario serán os integrantes do orfeón, dirixidos por José Ramón Mansilla, que interpretarán cinco temas con marcado sabor navideño.

“Convidamos á xente a que vaia ata alí, vai ser un concerto moi entrañable e participativo”, destaca o presidente do Orfeón Valdeorrés, José Luis Folla.

E tras as voces, soará o ritmo da Banda de Música do Barco, baixo a batuta de Manuel Prada Ramos, que tocará un repertorio formado por cinco temas moi variados, de estilos completamente diferentes e cun par de interesantes novidades.

Xa na parte final desta actuación de Nadal o Orfeón Valdeorrés e a Banda de Musica do Barco interpretarán xuntos catro temas: “Arre borriquito”, “Feliz Navidad”, “Blanca Navidad” e “Campana sobre campana”.

Artigos relacionados

Back to top button