Dobre cita musical o 20 de agosto en Trives. Será a partir das 22h. na praza do Reloxo. Actuarán os grupos SkaloPndras e Fixe Trío.
O aforo será limitado e nel as cadeiras iranse ocupando ata completar aforo. Será obrigatorio o uso de mascarilla e aplicarase estritamente o protocolo anticovid, segundo informa o Concello de Trives.