CulturaÚltima hora

Concerto no Barco polo Día escolar da non violencia e a paz

Alumnos e profesores do Conservatorio e da Escola de Música do Barco actuaban no Teatro Lauro Olmo
Cuarteto de saxofonistas do Conservatorio.
Cuarteto de saxofonistas do Conservatorio.

Música no Día escolar da non violencia e a paz. Con motivo desta conmemoración, o 30 de xaneiro, o Conservatorio e a Escola de Música do Barco celebraban un concerto no que participaron alumnos e profesores. Así no escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco soaba un repertorio de varias pezas de canto, guitarra, piano, así como dúos de piano e frauta traveseira, piano e violín e piano e guitarra. A actuación pechábase co cuarteto de saxofonistas, dirixido por Manuel Prada.

Texto e fotografía: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button