ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Concerto polo “Día Internacional da Música”, no Barco

Ofrecíano os alumnos do Conservatorio e da Escola Municipal da vila na tarde do 21 de xuño

Ata once actuacións diferentes incluía o concerto que con motivo da celebración do “Día Internacional da Música” se celebraba no Teatro Lauro Olmo do Barco na tarde do 21 de xuño. Sobre o escenario, un recital de ata once pezas diferentes da man doutros tantos alumnos do Conservatorio e da Escola Municipal de Música do Barco, acompañados por algúns profesores ao piano.

O programa iniciábase con “Rivers Flows in you” (Yiruma) á guitarra de Aitana Fidalgo, despois Julia Fernández (violín) tocaba “Chanson de matiné Op. 15 nº2” (Grieg), Alicia Ruiz (frauta) o primeiro movemento do “Concerto en sol maior” (Quantz), Alicia Trincado (saxofón) “Ca Quijano” (Ferrer Ferrán), María Vidal (gaita) a peza tradicional “Alborada de Pontecaldelas” e Manuel Vila Simón (trombón) “Sonata I, cantábile e Giga” (J.E. Galliard).

A actuación continuaba con Iria Rodríguez interpretando coa frauta o segundo movemento do “Concerto en sol Maior” de Quantz, coa “Marcha turca” (Mozart) ao violín por Sara González, “Baguira”(Ferrer Ferrán) ao saxofón por Claudia González, o “Capricho de gaita” (Agustín Fernández) polo gaiteiro Mauro Docampo e, finalmente, o Trío de Cámara (Marina Fernández, Silvia Álvarez e Sofía Álvarez) tocaba “Serenade, Pastorale” de Mel Bois 1858/1937.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button