Concertos de Carta de Ajuste e Soul & Roll no Refuxio, na Rúa

Os dúos actuarán o venres ás 00:30h. e o sábado ás 2:00h. respectivamente
Como complemento á programación musical da Baco Festa que terá lugar esta fin de semana no Aguillón (A Rúa), O Refuxio programou dúas actuacións para o venres e o sábado.
Mañá, o dúo Carta de Ajuste traerá un disparatado espectáculo titulado O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto. Versións que fusionan música e humor buscando a interacción e a complicidade co público. Noite sen tregua e festa rachada asegurada con David Taboada e Iván Valdés.
O sábado 11 será o turno de Soul & Roll, outro dueto acústico composto neste caso por Miguel Araujo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista, cun repertorio escollido coa intención de que o seu público se divirta e goce da música en directo. En canto a estilos, destacan o rock, o pop, o soul ou o blues (Police, U2, pop español dos 80, Bruno Mars, Bon Jovi,…).
O concerto de mañá será a partires das 00:30 horas e o do sábado xa de madrugada, pasadas as dúas da mañá.
Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies