Cultura

Concertos do grupo Amizades

Concertos do grupo Amizades
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A solidaridade dos valdeorreses quedou patente unha vez máis, trala masiva asistencia aos concertos que o grupo coruñés Amizades daba nos dous principais núcleos urbanos, en beneficio de Asfaval. “Estamos satisfeitos e moi agradecidos” di a presidenta do colectivo valdeorrés Amelia Blanco, “porque se no Barco estaba o teatro cheo, na Rúa a resposta foi marabillosa”.

Os propios rapaces de Asfaval compartiron escenario cos músicos “e fixérono moi ben” asegura Amelia, “creo que demos unha imaxe moi boa e que a xente disfrutou do espectáculo”.

Con respecto á recadación, aínda non saben o que lles quedará despois de cubrir gastos, pero Blanco asegura que o máis importante é “a integración dos nenos, a solidaridade da xente e a posibilidade de disfrutar de concertos coma estes”.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button