Os exteriores da Cafetería Fontefría da estación de montaña convertíanse en escenario da “Noite das Perseidas”
Baixo unha cúpula sementada de estrelas, na alta montaña galega, desenvolvíase o 13 de agosto a “Noite das Perseidas”, unha edición especial da Beltane en Cabeza de Manzaneda. A partires das oito da tarde comezaba un programa con actos para todas as idades nos exteriores da Cafetería Fontefría no punto máis alto da estación de montaña, a 1.778 metros. Había maxia e xogos para os máis pequenos, seguidos dunha cea a base de churrasco, acompañado por bebida e chocolate con churros.
Despois, comezaban os concertos en directo. A música acompañaba os paseos ata o cume para desfrutar das estrelas fugaces ou da imaxe da Via Láctea nunha noite de verán especialmente agradable. A música continuaba ata a madrugada.
Fotos: Carlos G. Hervella.