CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Conclúe a elaboración do mural que homenaxe ás mulleres científicas de Trives

 

Xa é unha realidade. A artista Lidia Cao vén de rematar o longo mural que homenaxea as mulleres científicas da Pobra de Trives, e que iniciaba o pasado 27 de febreiro. Esta fermosa obra xa pode visitarse na rúa San Martiño. Constitúe unha homenaxe que dende o Concello trivés lle fan ás mulleres da vila, dándolle visibilidade á súa persoa e tamén ao seu labor.

“Ademais de unha obra de arte sen igual que xa está a atraer a numerosos visitantes, este mural conta unha parte do noso feminismo, da nosa ciencia, do orgullo dun pobo que deixa testemuña dun anaquiño de tantas mulleres referentes, pero quedan moitas máis… e así o amosa o mural: descubrindo o mundo femininino das científicas trivesas que asoman nunha cortina detrás da que quedan aínda moitas outras mulleres con historias por contar, e no medio, o gromo dunha planta, da natureza, da ciencia, da vida…”, explican dende o Concello de Trives, que tamén asegura que esta proposta “suscitou xa o interese de moitas Administracións que nos chamaron para seguir con esta iniciativa”.

O resultado do traballo de Lidia Cao pode verse neste vídeo cedido polo Concello da Pobra de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button