PolíticaÚltima hora

Conclúe a campaña solidaria de Nadal de Novas Xeracións de Ourense

Esta organización entregaralle a Cáritas nos vindeiros días as doazóns recollidas
Membros de Novas Xeración, xunto a Manuel Baltar, o material recollido na campaña.

Co lema “Este Nadal sumamos todos”, Novas Xeracións, organización xuvenil do Partido Popular, promovía neste Nadal unha campaña solidaria que implicaba a mozos desta formación en Ourense, Ribadavia e Xinzo de Limia.

Unha vez concluída a recollida de doazóns de produtos de alimentación non perecedoiros, roupa e xoguetes, os responsables da iniciativa facían balance da campaña coa presenza do presidente do PP ourensán, Manuel Baltar. Novas Xeracións, fará entrega a Cáritas en próximos días de todos os produtos reunidos.

O presidente de Novas Xeracións, José Antonio Parente, cualificaba o resultado como “moi positivo”, agradecendo a todas as persoas que participaron nesta iniciativa a súa colaboración, “pois como o propio nome da campaña sinala, nestas datas todos sumamos para apoiar solidariamente ás persoas e familias con menos recursos”.

Artigos relacionados

Back to top button