ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Conclúe o “Club de Lectura… e café” en Trives

Os quince participantes no “Club de Lectura…e café” celebraban o 29 de agosto o seu último encontro. Ao longo deste verán teñen feito quedadas cada martes de xullo e agosto polas terrazas do casco vello de Trives. A semana pasada, en concreto o vernes 25 de setembro, celebraban a cea de despedida e despois participaban na festa oitenteira que tiña lugar na vila.

Os participantes valoraban de maneira positiva esta iniciativa promovida polo Concello de Trives. Aseguran que se tratou dunha “experiencia enriquecedora”.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button