EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Conclúe a Feira Internacional de Alfarería do Barco

Na súa cuarta edición reunía a catorce expositores de diferentes puntos da península

Dende cazolas, pasando por fornos, lámpadas ou xarróns ata pendentes, imáns ou flores. Moitos e moi variados eran os obxectos de artesanía en barro que podían atoparse na IV Feira Internacional de Alfarería do Barco. A mostra desenvolvíase do 13 ao 15 de maio no Paseo do Malecón e reunía a 14 expositores de diferentes puntos da península, un deles de Coimbra (Portugal).

No decurso da feira, como cada ano, elabórase unha peza conmemorativa que se lle doa ao Concello do Barco. Este certame ten sido organizado pola Federación Interrexional de Alfareiros (Finral) en colaboración co Concello barquense.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button