ConcellosÚltima hora

Conclúe a mostra de antigos programas das Festas do Cristo na biblioteca barquense

Leva exposta dende mediados de setembro nesta instalación cultural da vila
Conxunto de programas expostos na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Conxunto de programas expostos na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Comprobar como teñen ido evolucionando as Festas do Cristo no Barco dende primeiros do século XX ata a actualidade é posible vendo a exposición que dende mediados de setembro está instalada na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán desta vila valdeorresa. Nela inclúense diversos exemplares (da colección persoal de Ángel Fernández e cedidos para a ocasión) con diferentes formatos e deseños que amosan a evolución neste tipo de publicacións que deixaban de editarse hai uns anos.

Detalle da portada dun dos programas máis antigos da exposición./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Detalle da portada dun dos programas máis antigos da exposición./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Ademais dos actos festivos (que nalgúns casos manteñen citas fixas dende hai máis dun século), estes programas achegan diferentes colaboracións de persoeiros das letras galegas ou investigadores, así como os perfís dos pregoeiros que teñen ido abrindo ao longo das décadas esta celebración, entre eles está o xornalista barquense José Antonio Gurriarán. Son xa os últimos días para poder visitala, xa que a finais de outubro pecharase a mostra.

Artigos relacionados

Back to top button