EconomíaEconomíaViticultura

Conclúe na D.O. Monterrei o curso de “transporte, conservación e servizo do viño”

Unha das sesións do curso impartido na D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

 

A segunda sesión do “Curso de transporte, conservación e servizo do viño”, promovida polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, finalizaba na mañá do 9 de novembro. Nesta acción formativa participaban unha decena de alumnos/as que, durante as dúas xornadas do curso recibiron formación sobre servizo de viños, decantación, degüelle de viños vellos, técnicas de compra e venda, selección, transporte ou conservación, entre outras.

Este curso desenvolveouse na propia sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei e ten sido impartido por Javier Gila, presidente da Asociación de Sumilleres de Madrid e pentacampeón de España de Sumilleres. “Gustaríanos agradecer aos participantes a súa asistencia a esta acción, que dá continuidade ao noso plan formativo iniciado en anos anteriores e que continuará no 2020, así como ao ponente da mesma”, recalca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button