EconomíaEconomíaÚltima hora

Conclúe no Carballiño “Máis que Comercio!”

Electrodomésticos Penín, o establecemento máis votado polos participantes nesta campaña promovida pola Dirección Xeral de Comercio
Acto de entrega do diploma ao establecemento ganador.
Acto de entrega do diploma ao establecemento ganador.

Ao longo do mes de marzo nos establecementos do Centro Comercial Aberto do Carballiño desenvolvíase a campaña “Máis que Comercio!” co obxectivo de impulsar as vendas e reforzar o comercio de proximidade. Os participantes nela escolleron como o seu establecemento favorito a Electrodomésticos Penín. Os seus responsables recibían o 7 de abril este recoñecemento de mans da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal.

Durante o acto a directora xeral de Comercio salientaba que este programa busca poñer en valor o traballo dos centros comerciais aberto e que percorrerá Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes nun centro comercial aberto. Con el preténdese resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button