ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Conclúe o 3º Mercadiño de Nadal de Rubiá

Nesta edición, que finalizaba co sorteo dunha cesta de produtos desta mostra, participaban unha ducia de expositores

Tras dúas intensas xornadas, o recinto feiral do 3º Mercadiño de Nadal de Rubiá pechaba as súas portas na tarde do 2 de decembro na Casa da Cultura desta localidade. No acto de clausura procedíase á entrega de premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros”, de mans do alcalde, Elías Rodríguez, e sorteábase unha cesta con produtos doados polos postos do mercadiño entre as persoas que realizaban as súas compras nel.

Ademais o alcalde e a tenente de alcalde, Isabel Arias, entregábanlle agasallos aos responsables dos doce postos que formaban parte da mostra deste ano en agradecemento pola súa participación. O acto da clausura tamén incluía un chocolate con churros para todos os asistentes.

Fotos cedidas.

O alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, entregando agasallos aos postos participantes.

Artigos relacionados

Back to top button