ConcellosÚltima horaVerín

Conclúe o asfaltado da nova ponte de Queizás (Verín)

Este viaduto, que unirá o Polígono de Pazos coa estrada N-532, ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro urbano de Verín, reducindo así as emisións contaminantes

Foto: Concello de Verín.

 

Vén de rematar o asfaltado da nova ponte de Queizás. O Concello de Verín conta cun investimento inicial de 134.688 euros. Dese xeito, esta entidade municipal dá luz verde á segunda fase do proxecto que consistirá na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos.

O Concello está xa traballando na segunda fase deste proxecto que unirá a ponte co polígono de Pazos, dotando ao mesmo dun novo acceso e conectándoo coa estrada N-532. Así mesmo permitirá desconxestionar o tráfico da estrada N-525 influíndo isto de maneira positiva na circulación do núcleo de Verín e os seus arredores.

Esta actuación, que ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro, especialmente ós camións con destino ó polígono de Pazos (uns 600 vehículos diarios, aproximadamente), supón un investimento total de 1 millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e 200.000 euros corresponden a fondos propios municipais.

O Concello de Verín encóntrase actualmente traballando na segunda fase do proxecto que, cun investimento total de 600.000 euros, consiste na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos. “Coa finalización desta segunda fase, completarase o novo viario perimetral que servira de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75, conseguindo que os camións non teñan que abordar o casco urbano reducindo significativamente as emisións contaminantes”, sinala Gerardo Seoane, alcalde de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button