CarballedaConcellosÚltima hora

Conclúe o cribado de Covid en Carballeda de Valdeorras cun 73,5% de participación

Realizábanse un total de 441 probas PCR cuxos resultados se coñecerán mañá

Publicidade
Persoas citadas no cribado de Carballeda de Valdeorras, agardando no exterior do pavillón de Sobradelo.

 

Arredor das 19h. deste luns 12 de abril finalizaba no pavillón polideportivo de Sobradelo  un cribado de Covid-19, mediante probas PCR, ao que estaban convocados a partir das 15h. 600 persoas (entre 18 e 74 anos) do municipio de Carballeda de Valdeorras.

Do total dos citados realizaban a proba 441 persoas, o que supón un 73,5% de participación, tal e como informa a Consellería de Sanidade. Os resultados deste cribado coñeceranse mañá.

 

Vehículos aparcados nas proximidades do polideportivo de Sobradelo durante o cribado.

Artigos relacionados

Back to top button