En portadaSanidadeÚltima hora

Conclúe o cribado de Covid entre os veciños de Trives, de Río e de Manzaneda

Desenvolvíase esta tarde no pavillón de Trives e a el acudían 607 das 800 que estaban citadas

 

Arredor das 19h. deste Martes de Entroido, 16 de febreiro, finalizaba no pavillón polideportivo da Pobra de Trives un cribado de Covid-19, mediante probas PCR, ao que estaban convocados a partir das 15h. un total de 800 veciños (de entre 18 e 75 anos) dos concellos de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río.

Do total dos citados realizaban a proba unhas 607 persoas, o que supón un 75,8% de participación. Para levar adiante este cribado, realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco; contouse coa colaboración dos traballadores do Concello de Trives, que se ocuparon, entre outras cuestións, de marcar espazos e colocar as mesas e cadeiras en cada unha das zonas establecidas.

 

Foto cedida.

 

Tamén se contou coa colaboración de Protección Civil de Trives que velou para que se respectasen en todo momento as medidas de seguridade anticovid e as distancias de separación entre aqueles que acudían ao cribado. Establecíase un circuíto de acceso ao pavillón e outro de saída, con portas diferentes, evitando así que as persoas tiveran que cruzarse.

Houbo ademais un detalle especial para os sanitarios que realizaron o cribado. Os responsables da Cantina do Catro leváronlles café e bica como agasallo.

Fotos: Protección Civil de Trives e cedidas por outras persoas.

 

Artigos relacionados

Back to top button