En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Conclúe o curso de enoturismo organizado por AEVA en Valdeorras

Coa exposición de proxectos para poñer en valor as diferentes posibilidades do turismo do viño na comarca de Valdeorras concluía na tarde do 21 de xuño o curso “Creación, promoción e comercialización de produto enoturístico”, que dende o 11 de xuño se viña impartindo no Centro de Formación de AEVA no Barco.

Os vinte alumnos desta acción formativa expoñían ante os seus compañeiros e ante a docente, a sumiller Mercedes González, unha serie de interesantes propostas que poñían en relación o viño coa auga, coa música, coa fotografía, co deporte ou coa divulgación e o mundo museístico.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button