ConcellosÚltima hora

Conclúe o obradoiro de pintura mural do Barco

Uns 14 mozos participaban nesta iniciativa organizada dende a Concellería de Servizos Sociais
Acto de clausura do obradoiro de pintura mural./ Foto: Concello do Barco.

Co acto de entrega de diplomas vén de clasurarse o obradoiro de pintura mural que se desenvolveu ao longo de dous meses no Barco. Nesta iniciativa, organizada pola Concellería de Servizos Sociais, participaban 14 mozos e mozas de entre 14 e 20 anos. O obradoiro estivo coordinado polas estudante de Belas Artes Celia Rey e Eva Piay.

As realizábanse no paso subterráneo baixo a vía, entre as rúas de Santa Rita e Caleras, que vén de mudar completamente o seu aspecto con esta actividade. No acto de clausura participaba o concelleiro de Servizos Socias, Orlando Saavedra, quen louvou o traballo feito e desexou que as obras se manteñan no lugar “sen ningún tipo de agresión”.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-creatividade-e-a-cor-toman-as-paredes-dun-dos-pasos-subterraneos-do-tren-no-barco/

Artigos relacionados

Back to top button