OurenseÚltima hora

Conclúe Previsel con 2.000 visitas

Desenvolvíase os días 10 e 11 de febreiro en Expourense
Participantes na clausura de Previsel.
Participantes na clausura de Previsel.

A décima edición do Salón da Prevención e Seguridade Laboral, Previsel, remataba na xornada do 11 de febreiro logo de desenvolver máis de 50 actividades e reunir en torno a elas a unhas 2.000 persoas. Entre as actividades celebradas nesta xornada de clausura destacaba o seminario organizado polo sindicato CIG sobre o papel do delegado en prevención nas empresas, cuns 120 participantes.

Tamén gran afluencia tiñan as actividades dirixidas a persoal sanitario organizadas por TESGALICIA e que foron seguidas por máis de 250 profesionais procedentes de toda a comunidade galega. Estas, xunto co Congreso de Seguridade contra Incendios que superou os 200 asistentes, foron as actividades que rexistraron maior participación, tal e como se subliña dende a organización.

O certame finalizaba cun acto de clausura no que estiveron presentes distintos representantes institucionais, como o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e dos Corpos de Seguridade. Nas intervencións quedou patente que “a prevención é hoxe en día un símbolo e calidade e de excelencia xa non só nas empresas, senón tamén na Administración e en todos os ámbitos da sociedade”, tal e como apuntaba o Xefe Superior en Galicia da Policía Nacional Eusebio Fraguas.

Durante este mesmo acto, realizábase unha entrega de placas aos colaboradores para recoñecer o esforzo desenvolvido por máis de 25 entidades na organización do programa de actividades e que elixiron Previsel como aula para impartir formación en prevención especializada e dirixida a determinados colectivos profesionais.

Artigos relacionados

Back to top button