ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Conclúen as charlas sobre incendios forestais do Distrito XIII Valdeorras-Trives

O colexio de Educación Infantil e Primaria de Trives acolleu á última xornada

Coa charla no CEIP Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives, remataban na mañá do 14 de abril, as xornadas divulgativas contra os incendios forestais que o Distrito XIII Valdeorras-Trives levou ao cabo nos últimos tres anos nos colexios públicos e privados do distrito. No mes de marzo, as charlas foran no CEIP Virxe dos Remedios de Castro Caldelas e no CEIP Manuel Respino da Rúa.

O obxectivo destas xornadas, levadas a cabo dende o departamento de formación e prevención do distrito forestal é concienciar aos alumnos máis pequenos do problema ambiental que supoñen os incendios forestais.

Como complemento a esta actividade, e se o tempo o permite, na vindeira semana plantaranse as últimas especies no “Arboretum da Rúa, concluíndo así a celebración do Día da Árbore 2016 e lembrando que tanto o Distrito como o Concello recollen árbores a particulares para plantalas no xardín botánico.

Fotos cedidas polo Distrito XIII Valdeorras-Trives.

Artigos relacionados

Back to top button