EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Conclúen os roteiros enoturísticos de outono pola Rúa

A derradeira das xornadas desta edición tiña lugar o 15 de novembro
Exterior da Adega Quinta da Peza, na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Exterior da Adega Quinta da Peza, na Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Mesturando paisaxe, viño e historia poñíase en marcha o 18 de outubro un circuíto de rutas enoturísticas polo Concello da Rúa. Este primeiro percorrido incluía un paseo pola Ponte da Cigarrosa e a visita ás Adegas Melillas e Coroa. Pouco despois, o 25 de outubro chegaba a segunda xornada con paseo pola zona de A Veiguiña e visita á Adega Alán de Val; e a terceira tiña lugar o 1 de novembro con paseo pola Rúa Vella e visita á Adega Joaquín Rebolledo.

O propietario de Quinta da Peza, ofrecendo explicacións aos visitantes./ Foto: Carlos G. Hervella.
O propietario de Quinta da Peza, ofrecendo explicacións aos visitantes./ Foto: Carlos G. Hervella.

O programa finalizaba o 15 de novembro cun paseo ata o miradoiro rues do Barranco Rubio e, de seguido, cunha visita á Adega Quinta da Peza. Esta iniciativa foi promovida polo Concello da Rúa en colaboración con Valdeorras é Viño.

Un dos momentos da visita á Adega Quinta da Peza./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos momentos da visita á Adega Quinta da Peza./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button