ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

Concorridas e animadas Festas de San Antón no Toural (Viana do Bolo)

 

Despois do parón provocado pola pandemia, o barrio do Toural en Viana do Bolo, recuperaba neste 2022 a celebración do San Antón cun completo e animado programa que reuníu a numerosas persoas, especialmente na verbena do sábado, superando todas as expectativas da comisión. “Nunca un San Antón estivo tan cheo”, asegura Jorge, á fronte da organización xunto a Verónica, Manuel, Daniel, Estela, Miriam e Jordy.

 

Verbena coa orquestra New York.

 

O programa arrancaba xa o xoves 9 de xuño coa colga de bandeiras e o venres eran a charanga vianesa Tomalleoutra e o grupo Superstar quenes poñían son e ritmo á festa. O sábado 11 de xuño, o día máis concorrido, era a orquestra New York e DJ Tariro quenes poñan ritmo ás sesións de tarde e verbena; pechando o apartado musical a Street Band Fuego que o domingo día 12 acompañaba á procesión dende a igrexa ata o Campo do Toural onde se celebraba a misa, actuando tamén na sesión vermú e pola tarde.

 

A comisión de festas formada por Verónica, Manuel, Jorge, Daniel, Estela, Miriam e Jordy.

 

Foi unha intensa e animada fin de semana, posible grazas á colaboración dos negocios e do Concello, “aos que lles estamos moi agradecidos”, di Jorge dende a comisión de festas, contento tamén coa resposta da poboación.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button