CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Concurrido “Concerto de Outono” do Orfeón Valdeorrés no Barco

Nesta actuación, celebrada na tarde do 17 de novembro no Teatro Lauro Olmo, actuaban tamén os coros asturianos Xorrecer e San Pedro

Tarde de música coral no Barco. O escenario do Teatro Lauro Olmo da vila valdeorresa acollía na tarde do 18 de novembro o “Concerto de Outono” do Orfeón Valdeorrés, que nesta ocasión contaba con dúas agrupacións convidadas e procedentes de Asturias: o Coro “Xorrecer” de Valdesoto” e o Coro mixto “San Pedro” de Cudillero.

Numerosas persoas asistían a este evento que concluía coa actuación do Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla, entre múltiples aplausos. De seguido, a presidenta desta entidade musical, Reme Arias, agradecía a presenza do público, así como o labor dos membros actuais do orfeón así como o de anteriores integrantes (algúns deles presentes no auditorio) e animaba á xente moza a incorporarse a el “somos unha gran familia”, dicía.

Pola súa banda, Mansilla emprazaba ao público ao seguinte concerto do Orfeón Valdeorrés, previsto no Nadal, así como ao de primavera. Finalmente, tiña lugar un intercambio de agasallos entre as formacións corais visitantes e a anfitriona.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button