Galerías de fotosSociedadeÚltima hora

Concorrido desfile dos alumnos do IES Cosme López da Rúa no Centro Cultural Avenida

 

Un ano máis, os alumnos de 4º da ESO do IES Cosme López Rodríguez da Rúa decidían organizar un desfile de moda co fin de recadar cartos para a excursión de fin de curso que este ano levaraos a Madrid.

O evento, no que participaron alumnos de diferentes cursos (algúns desfilando, outros moitos como público e outros botando unha man) tiña lugar na tarde do 15 de novembro no Centro Cultural Avenida e ademais dos animados pases de moda (casual, de festa, de pixamas e tamén deportiva) con coreografía incluída, o evento contou con actuacións musicais: primeiro unha peza de piano e violín, despois unha canción acompañada do piano e por último un rap.

Tralo desfile, os alumnos sortearon un xamón  e un vale de 30 euros para canxear en Deportes Tri-Sport entre a xente que semanas atrás mercara rifas co mesmo fin de axudar economicamente aos estudantes.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres últimas que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button