Galerías de fotosÚltima hora

Concurrido magosto popular en Castro Caldelas

Unhas 400 persoas dábanse cita ás seis e media da tarde do 10 de novembro na praza do Prado de Castro Caldelas para celebrar o tradicional magosto. Alí instalábase unha carpa climatizada na que os veciños podían degustar deliciosas castañas asadas, chourizos, viño de Ponte da Boga e refrescos. E, como sobremesa, bica. A entrada a este magosto custaba 2 euros.

A velada estaba ademais animada polo dúo Xolda e incluía un concurso de doces.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button