CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concurso de bandas emerxentes promovido polo Festival Extruga na Rúa e polo Concello de Verín

 

O festival Extruga Na Rúa e o Concello de Verín realizan por primeira vez un concurso de bandas emerxentes coa finalidade “de impulsar a novas bandas e fomentar a cultura na zona”, tal e como veñen de anunciar.

O concurso de bandas convocado pola organización está aberto a calquera proposta musical. A cuarta edición do festival celebrarase o 26 e 27 de agosto do 2022 pero os concertos correspondentes á final terán lugar o 11 de xuño nun establecemento hostalerio de Verín.

Catro proxectos serán seleccionados de entre todos os inscritos para participar na final, onde quedará un único gañador. A votación será realizada por un xurado triple formado polo voto popular do público, o persoal do bar e a organización do festival. O premio será unha dotación económica de 400 € e a súa inclusión na programación do Extruga Na Rúa 2022.

O método de inscripción será a través de correo electónico, cun prazo que finaliza o 8 de maio. Os grupos terán que enviar a información que se lles pide nas bases ao correo bandasemerxentes@extruga.com .

Máis información do concurso nas súas redes sociais e no seguinte enlace: linktr.ee/extruganarua

Artigos relacionados

Back to top button