ConcellosÚltima hora

Concurso de doces de outono e magosto en Trives

Será a partires das seis e media da tarde no Patio de Santa Leonor
Detalle do cartaz do magosto de Trives.
Detalle do cartaz do magosto de Trives.

Castañas, pero tamén chourizos, empanada e bica. Serán os produtos típicos que poderán degustarse no magosto que o Concello de Trives organizará a partires das 18:30h. no Patio de Santa Leonor. A celebración estará animada cunha actuación musical e ademais desenvolverase a terceira edición do Concurso de Doces Típicos de Outono.

As persoas interesadas en participar nel poderán inscribirse na Oficina de Turismo, no teléfono 988 330967. Será nese mesmo lugar onde deberán presentarse todas as sobremesas que entren no concurso entre as 10:30h. e as 14h. do 14 de novembro.

Segundo as bases desta edición, os doces que se presenten ao certame deberán ser elaborados con ingredientes propios desta época do ano como castañas, noces, figos, mazás, peras, cabazas, uvas, laranxas, etc e “non se poderán utilizar conservantes que non sexan naturais”.

Cada participante recibirá un diploma de participación e un libro con todas as receitas recollidas no concurso. Ademais os doces serán degustados polos asistentes ao magosto.

Artigos relacionados

Back to top button