ConcellosÚltima hora

Concurso de doces no magosto de Castro Caldelas

O Concello organiza os actos que se celebrarán o 7 de novembro no salón nobre do Castelo

Magosto Castro Caldelas

O sábado día 7 de novembro ás 14 horas, o salón nobre do Castelo de Castro Caldelas acollerá o magosto popular organizado polo Concello. 

Por 10 euros, os asistentes poderán degustar un menú a base de entremeses ibéricos, redondo de tenreira con guarnición, leite frita e bica, viño, café e licores, e por suposto, castañas asadas.

Ao remate haberá sesión musical con discoteca móbil e DJ, así como inchables e animación para os nenos.

Ademais de asistir ao xantar, quen o desexe pode asemade participar no concurso de doces típicos de outono que deberán estar elaborados de maneira artesanal con produtos de tempada como uvas, castañas, noces ou cabazas. O xurado calificará o sabor, a presentación e os ingredientes empregados, premiando cun diploma e obsequio ao primeiro, e cun diploma ao segundo.

A degustación, resolución e entrega de premios terá lugar durante a celebración do magosto.

Artigos relacionados

Back to top button