EconomíaEconomíaÚltima hora

Concurso de escaparatismo sobre cinema no marco do IV FIC Vía XIV de Verín

Comerciantes e empresarios verinenses amosan así o seu apoio, un ano máis, ao Festival Internacional de Curtas

O director do FIC, o xerente e o presidende de Aever e o responsable de multimedia do Festival, en Verín.

 

Un ano máis, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, Aever, apoiará o desenvolvemento do FIC Vía XIV coa posta en marcha dunha serie de accións promocionais en diversos establecementos da vila. O xerente de Aever, Jose Ángel Rodicio, comprometeu o apoio da organización ao director do certame, Carlos Montero, posto que considera que “o festival vai atraer ata a vila novamente a numeroso público e isto redundará positivamente no comercio e na restauración locais”.

Pola súa banda, Montero agradece a implicación de Aever co Festival destacando que os comerciantes e empresarios de Verín “patrocinan este ano unha das actividades paralelas máis sobranceiras do certame: a da homenaxe a Mabel Rivera, unha actriz ben coñecida por todos grazas aos seus papeis en cinema e televisión”.

De forma paralela os comerciantes de Verín engalanarán os seus escaparates con motivos relacionados co cinema no marco dunha inciativa promovida por Aever en colaboración co FIC. Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e será no decurso do Festival cando se coñezan os galardoados. As bases deste concurso poden ser consultadas na web: http://www.ficviaxiv.com

Artigos relacionados

Back to top button