CulturaEducaciónÚltima hora

Concurso escolar da Constitución 2014

Convocado pola Subdelegación do Goberno en Ourense, o prazo para presentar os traballos remata o 7 de novembro
O Subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro (primeiro pola dereita), na presentación do concurso da Constitución.
O Subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro (primeiro pola dereita), na presentación do concurso da Constitución.

A Subdelegación do Goberno en Ourense amplía ata o vernes 7 de novembro o prazo de presentación de traballos para participar no concurso da Constitución con motivo da conmemoración do seu aniversario.

Baixo o lema “De la Corona”, Título II, elixido para esta XXXI edición, no concurso poderán participar os estudantes dos niveis educativos de Infantil e Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclo Medio de FP, tanto de centros públicos como concertados e privados da provincia de Ourense. Asemade, poderán participar na categoría de Educación Infantil e Primaria os alumnos de centros de Educación Especial da provincia.

Segundo as bases, os alumnos de Infantil, Primaria e Educación Especial presentarán un debuxo ou traballo artístico que deberá facer referencia ao tema do concurso. Os de ESO, Bacharelato e Ciclo Medio de Formación Profesional deberán presentar unha redacción sobre o tema fixado cunha extensión mínima de sete folios e máxima de doce, escrita en galego ou castelán, a man ou a ordenador.

Os premios serán entregados no transcurso dun acto institucional, presidido polo Subdelegado do Goberno, que terá lugar no Auditorio o 6 de decembro para conmemorar a festividade da Constitución.

Máis información en http://www.concursoconstitucionourense.es/

Artigos relacionados

Back to top button