CulturaCulturaÚltima hora

Concurso literario do XI Mercado Medieval de Veigamuíños

O prazo de presentación dos traballos neste certame de textos en galego rematará o vindeiro 6 de xullo
Cartaz do certame literario da Feira Medieval de Tremiñá.
Cartaz do certame literario da Feira Medieval de Tremiñá.

Vén de abrirse o prazo de recepción de textos do VI Concurso Literario en galego do XI Mercado Medieval de Veigamuíños (O Barco), que promove a Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños. Os traballos poderán se narrativos ou poéticos pero nesta edición terán que centrar a súa temática na muller.

“Co fin de garantir o anonimato, os relatos serán presentados nun sobre pechado e, grapado a este, un sobre tamén pechado cos datos do autor: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto e título da obra”, explican dende a organización.

As bases establecen tres premios por cada unha das categorías do concurso:

– De 0 a 11 anos (máximo tres folios de extensión):
1º premio de 50 euros, 2º premio de 20 euros (vale de AEVA) e 3º premio de 20 euros
– De 12 a 17 anos (máximo seis folios de extensión):
1º premio de 50 euros, 2º premio de 20 euros (vale de AEVA) e 3º premio de 20 euros
– De 18 ata 100 anos (máximo nove folios de estensión):
1º premio de 50 euros, 2º premio de 20 euros (vale de AEVA) e 3º premio de 20 euros

Os premiados en cada unha das categorías serán publicados na páxina web do Periódico O Sil: wwww.osil.info

As persoas interesadas poderán remitir os seus traballos á Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños, r/ Xagoaza, Veigamuíños, O Barco.

Máis información na edición de xullo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button