CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Concurso literario polo Día do Libro na biblioteca do IES Lauro Olmo do Barco

A entrega dos premios tiña lugar na mañá deste venres 23 de abril

 

Este ano, con motivo da conmemoración do Día do Libro, a biblioteca do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras convidou ao alumnado da ESO e 1° de Bacharelato a participar nun concurso literario con catro modalidades: microrrelatos, poemas, recensións coa recomendación á lectura dun libro, e debuxos.

O fío condutor do concurso, promovido pola profesora de Lingua Castelá, Adela Lolo, era a experiencia lectora e os premios repartidos por niveis, cun primeiro premio (dotado con 50 euros) e un segundo (con 25) en todos os cursos da ESO e Bacharelato, acompañados do diploma correspondente.

A entrega dos premios, que deberán recollerse en librerías do Centro Comercial Aberto O Barco, tiña lugar na mañá deste venres 23 de abril, Día do Libro, na propia biblioteca.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button