CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concurso musical galego para grupos emerxentes

O 27 de novembro remata o prazo para participar no certame Música Xove Emerxente 2017
Banda de rock.

Ofrecer aos novos grupos musicais galegos ferramentas de participación en accións que faciliten a promoción da súa creatividade, de establecer un espazo de encontro, coñecemento, información e formación e, sobre todo, de relacións. Son os obxectivos de Música Xove Emerxente 2017, o certame posto en marcha dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Trátase dun espazo aberto cara a creatividade e talento dos mozos, así como a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas, no que poden participar todos os grupos musicais compostos por xoves galegos ou residentes en Galicia con dous membros menores de 30 anos.

Cada grupo deberá inscribirse a través de Internet no apartado da provincia que lle corresponda antes do 27 de novembro. Tralo período de inscrición abrirase outro período para as votacións entre o 4 e o 17 de decembro, que dará como resultado un grupo gañador por cada provincia. Cada grupo inscrito poderá efectuar a súa votación co seu nome de usuario e contrasinal, que consistirá en darlle o seu voto a 4 grupos que previamente se inscribiron nas 4 provincias galegas. O resultado final, sumando os votos obtidos, será o que determine cales foron os grupos vencedores por cada provincia que elixirá 2 formacións doutras provincias distintas á súa, para levar a cabo un concerto. Os grupos cobrarán, netos de impostos, 300 euros por cada actuación.

Toda a información cos grupos seleccionados publicarase o día 22 de decembro do 2017 na web do certame a mesma na que poden consultarse as bases e formalizar a inscrición: www.musicaxoveemerxente.gal

Artigos relacionados

Back to top button