ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Concursos de cabazas, disfraces e postres para celebrar o Samaín no CEIP do Bolo

Nas actividades celebradas na mañá do 31 de outubro, participaron alumnos, pais e mestres

Membros da comunidade educativa (mestres, alumnado, pais, nais,…) e mesmo das institucións locais, participaban na mañá do 31 de outubro na celebración do Samaín no CEIP do Bolo.

En horario de 10 a 13h. desenvolveron un variado programa de actividades, dende o tradicional concurso de cabazas elaboradas polo alumnado no centro os días previos, outro de disfraces de alumnos e tamén de postres, ata un certame de disfraces de pais e nais, unha das novidades este ano, e mesmo tres Escapes Rooms, unha para Educación Infantil, outra para os tres primeiros niveis de Educación Primaria é unha terceira para os de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Nesta peculiar actividade, os alumnos, pechados en aulas polas bruxas, tiñan que ir superando as súas trampas e acertixos para poder saír e entre todos abrir o cofre e recuperar as larpeiradas que estas lles roubaran. Mentres os alumnos resolvían os enigmas os pais, xunto cun mestre, observaban a través dunha conexión vía Skype como os seus fillos actuaban na resolución dos enigmas sen que os cativos souberan nada. Así, a través do xogo lograron levar a cabo un proxecto interdisciplinar traballando contidos de cada unha das áreas do currículo.

Fotos: CEIP do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button