ConcellosÚltima hora

Concursos, xantar e música para celebrar a XLIV Festa da Bica de Trives

O acto central terá lugar o 29 de xullo na praza do Reloxo a partires das 14h.
A Bica de Trives será a protagonista da fesa o 29 de xullo./Foto: Carlos G. Hervella.

A praza do Reloxo acollerá o vindeiro 29 de xullo o xantar da Festa da Bica de Trives coa que o Concello pretende resaltar e promocionar o doce tradicional trivés.

A festa comenzará xa en torno ás 11 horas coa apertura do mercado de artesanía da A.C. Tarabelada e máis artesáns e productores da comarca. Amenizando o pasarrúas e o xantar estarán a charanga Nova Terras de Trives e a Banda de Gaitas Os Trintas de Trives.

O menú do xantar que se servirá a partires das 14h., será con polbo á feira, carne ao caldeiro, viño e de sobremesa a gran homenaxeada BICA e licor café. As entradas para asistir a esta cita gastronómica teñen un prezo de 15€ e xa están a venta en diferentes puntos da vila: na Oficina de Turismo, Cafetería San Martín, Cafetería Quintela, Cafetería Sky e Cafetería Troula.

Como peche da xornada, ás 22h. chegará o turno de bailar e a actuación musical será a cargo dunha Discoteca móvil que nos amenizará ata ben entrada a madrugada.

 

Asistentes á pasada edición do xantar en Trives. /Foto: Carlos G. Hervella.

Ese será o acto central da exaltación da Bica de Trives, pero unha semana antes, o venres 21 de xullo, terá lugar a “BicAndaina”, un sendeiro nocturno teatralizado, no que a Bica terá o seu papel protagonista. As prazas son limitadas polo que hai que anotarse na Oficina de Turismo. Por outro lado, o xoves 27 o servizo de Turismo organiza “E de postre…BICA”; unha visita guiada para coñecer o proceso de elaboración do noso doce típico.

Outra novidade deste ano son unha sección de divertidos concursos, animando a participar a todo tipo de público poñendo a proba a súa orixinalidade, técnica, talento ou calidade artística. Por unha banda, está o Concurso de Selfie Festa da Bica  que consiste en colgar Selfies creativas cun anaco de bica, no muro do Facebook de Concello de A Pobra de Trives (do 14 de xullo ata o 27 de xullo ); e por outro o Concurso de Camisetas Festa da Bica que consiste en formar grupos de polo menos 5 persoas vestidos no xantar da Festa da Bica coas mesmas camisetas deseñadas con fotos, frases ou debuxos relacionados coa Bica.

As bases dos concursos pódense consultar na páxina web do Concello: www.apobradetrives.es

Artigos relacionados

Back to top button