EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Conde destaca a aposta do sector da lousa e da pedra natural pola industria 4.0 para aumentar a súa capacidade loxística e produtiva

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, na visita a Euro-Roca, no Porriño.

 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou hoxe a aposta que está a facer o sector galego da lousa e da pedra natural “pola Industria 4.0 para incrementar a súa capacidade loxística e produtiva, co conseguinte impacto sobre a súa competitividade internacional”. Así o manifestou nunha visita ás instalacións da empresa Euro- Roca, no Porriño, especializada na transformación de pedra natural.

Conde puxo Euro-Roca como exemplo do esforzo que esta industria está a realizar pola diversificación e a internacionalización a partir da I+D+i, que contribúe a consolidar o liderado de Galicia como principal produtora en España de roca ornamental. Segundo dixo, o sector da lousa e da pedra natural en Galicia “está a vivir un proceso de transformación tecnolóxica que lle vai permitir apuntalar o seu nivel de competitividade non só con respecto ao conxunto do país, senón, tamén, internacionalmente”.

Ao respecto, destacou que o traballo da Xunta pasa por apoiar ese necesario esforzo por innovar do que está dando mostras todo este sector.

Conde concluíu subliñando que a Xunta quere acompañar e apoiar as empresas do sector ante este reto, porque a transformación dixital na industria é clave neste momento para unha recuperación sólida e resiliente da economía.

Artigos relacionados

Back to top button