ConcellosÚltima hora

Condicións para o desprazamento en vehículos privados e transporte público na fase 1 da desescalada

Segundo a orde do Ministerio de Mobilidade, Transportes e Axenda Urbana hai que seguir unhas normas para desprazarse, tanto en coche ou moto como en medios de transporte público

 

A provincia de Ourense entraba onte, xunto ao resto de Galicia, na fase 1 da desescalada o que implica un paso máis cara a normalidade pero mantendo unha serie de normas. No que atinxe aos desprazamentos, o Ministerio de Mobilidade, Transportes e Axenda Urbana desenvolveu unha orde coa actualización das condicións de mobilidade para garantir a seguridade nesta fase.

A grandes rasgos, no que respecta ao desprazamento en turismos particulares, se residen no mesmo domicilio poden ocupar todas as prazas sen necesidade de mascarilla, pero no caso contrario deberán ir 2 persoas por fila e con mascarilla, respectando a máxima separación posible. En vehículos de unha soa fila de asentos como as furgonetas, poderán ir ata 2 persoas con mascarilla. No caso dos taxi ou VTC poderán ir 2 persoas por fila exepto a do conductor que deberá ir só.

En motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L con 2 prazas, poden viaxar 2 persoas con casco integral con viseira ou mascarilla con outro tipo de casco, sendo obrigatorio o uso de guantes en vehículos de uso compartido.

E no que respecta ao transporte público coma o ferrocarril e o autobús, os pasaxeiros terán un asiento vacío contiguo, salvo excepcións. En autobuses manterase baleira a fila posterior ao conductor; e no caso de viaxeiros de pé a referencia é 2 persoas por m2 e o 50% de asentos dispoñibles.

Orde publicada no Boletín Oficial do Estado: https://www.boe.es/boe/dias/2020/05/10/pdfs/BOE-A-2020-4912.pdf

Artigos relacionados

Back to top button