EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Coñecendo o potencial de envellecemento dos viños da D.O. Monterrei

Entre as actividades para lembrar á Feira do Viño de Monterrei figuran catas verticais, dirixidas por Luis e Alejandro Paadín

 

As actividades programadas nesta fin de semana polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei para lembrar á feira do viño desta zona están a ter unha moi boa resposta entre o público.

Entre elas figuran “Catas verticais de anadas da D.O. Monterrei. O potencial de garda”, que se celebraban este sábado (ás 12h. e ás 18h.) e continuarán mañá domingo no Antigo Hospital de Peregrinos (situado no Castelo de Monterrei).

 

 

No seu decurso os asistentes están descubrindo o potencial de envellecemento dos viños de Monterrei, a través da cata de cinco brancos e dous tintos da colleita actual, así como de tres de anadas anteriores (non consecutivas). Esta actividade, que contou coa presenza da presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, foi impartida polos catadores Luís e Alejandro Paadín.

 

 

 

Valoración das actividades da presidenta da D.O. Monterrei

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/entre-catas-visitas-a-vinedos-e-degustacions-na-d-o-monterrei/

Artigos relacionados

Back to top button