EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Coñecendo o proxecto da Cooperativa Amarelante de Manzaneda

Unha vintena de persoas da zona coruñesa de Corcubión e Cee visitaban na xornada do 12 de novembro as instalacións desta iniciativa que aposta pola posta en valor da castaña e do rural galego

Co fin de coñecer os proxectos de posta en valor da castaña que se están desevolvendo na montaña ourensá, un grupo de persoas procedentes da zona coruñesa de Corcubión e Cee, acompañados polo secretario da IXP Castaña de Galicia, Manuel López Vilariño, desprazábanse na mañá do 12 de novembro ata a comarca trivesa en plena campaña de recollida deste froito de outono.

Primeiro visitaban unha plantación de castiñeiros na Corga e despois trasladábanse ata Manzaneda, onde Manuel López se reunía co alcalde, Félix Domínguez, no Concello e logo o grupo visitaba as instalacións de Amarelante Cooperativa Galega en Manzaneda. Alí eran recibidos por varios dos socios desta entidade, que lles explicaban a xénese deste proxecto, como foi a súa posta en marcha e os obxectivos cos que crearon a cooperativa no 2013, entre os que figuran a aposta polo rural e revalorización da castaña como produto. Despois facían unha visita guiada polo interior nave para coñecer o proceso de traballo. Nesta cooperativa trabállase a castaña en fresco, pero tamén se transforma para facer castaña seca ou fariña de castaña, entre outros produtos. Os visitantes destacaban o valor e interese deste proxecto.

Ademais, despois dun xantar no Pendón, tiñan previsto achegarse ata o Castiñeiro de Pombariño, tamén en Manzaneda, unha árbore milenaria de sorprendentes dimensións e que foi declarada Monumento Natural.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close