EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Coñecer a velutina para poder loitar contra ela

O experto Lolo Andrade impartía no Bolo unha charla sobre esta praga e sobre como facerlle fronte

Unhas corenta persoas asistían na tarde do 9 de marzo a unha charla de máis de tres horas sobre a Vespa velutina ou vespa asiática organizada polo Concello do Bolo no colexio desta localidade. Estaba impartida polo experto e técnico de Protección Civil de Cambre, Lolo Andrade, quen amosou como é e se comporta este insecto invasor, o seu ciclo de vida, a tipoloxía dos seus niños, así como as medidas (entre elas o trampeo) para facerlle fronte e controlala, facendo ficanpé en que vai ser necesario aprender a convivir con ela.

Tamén lle daba unha serie de pautas aos apicultores sobre como actuar ante a velutina e como protexer os colmeares. As súas explicacións ían intercalándose con preguntas e dúbidas dos asistentes. Ademais apoiaba a súa exposición en diverso material: dende niños reais de diversos tamaños ata imaxes. Esta acción formativa ten sido organizada polo Concello do Bolo e por Protección Civil deste municipio.

Entre os asistentes había veciños e apicultores do municipio, así como doutros próximos como A Veiga e Viana do Bolo, e membros de Protección Civil do Bolo.

Fotos da galería: Carlos G. Hervella.

 

O docente e experto en velutina Lolo Andrade, con dous dos promotores da conferencia./ Foto cedida por PC do Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button