CulturaCulturaÚltima hora

Conferencia do académico Xesús Alonso Montero o 2 de novembro en Trives

Abordará "A importancia do papel da intelectualidade na construción dunha sociedade libre" no Auditorio Julio Vázquez

Xesús Alonso Montero durante unha conferencia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ata Pobra de Trives desprazarase o sábado 2 de novembro Xesús Alonso Montero, académico da Real Academia Galega. Ás 17:30h. impartirá unha conferencia no Auditorio Julio Vázquez da vila na que abordará “A importancia do papel da intelectualidade na construción dunha sociedade libre”.

“Comprometido indiscutible con Galicia, coa nosa lingua e coa defensa dos dereitos e a restauración da memoria das vítimas da represión franquista; activista na clandestinidade, perseguido e represaliado pola súa actividade política; un home dunha vasta cultura que se achegará ata A Pobra de Trives para facernos desfrutar do seu maxisterio e impartir unha conferencia de luxo”, segundo se indica dende o Concello de Trives.

O acto será presentado pola alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, e contará tamén coa intervención do escritor e profesor Xoán Carlos Domínguez Alberte.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close