Publicidade
CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Conferencia do investigador valdeorrés Isidro García Tato en Vilanova

Este era un dos actos do programa da Semana Cultural que cada verán organiza nesta localidade do Barco a Asociación C. O Mosteiro

Da historia do Camiño de Inverno a Santiago de Compostela falaba na tarde do pasado 12 de agosto en Vilanova (O Barco) o investigador valdeorrés do CSIC Isidro García Tato. Esta conferencia enmarcábase no programa da Semana Cultural de Vilanova, organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro que mantén esta tradicional actividade coincidindo coas festas patronais na honra á Virxe da Asunción nesta localidade.

O programa incluía asemade diversos xogos, algúns deles tradicionais, para nenos e maiores, así como proxeccións de cinema, entre outras propostas.

Nesta galería de fotos pode verse a Isidro García Tato (foto de Carlos G. Hervella) e dous momentos da conferencia en Vilanova (fotos cedidas).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close