En portadaÚltima hora

Conferencia sobre a fertilización da oliveira o 7 de maio en Quiroga

Esta sesión, promovida por AMIAGUIGAL, será impartida pola enxeñeira técnica agrícola Montserrat Liceras

 

O Salón de Actos do Instituto de Ensino Secundario de Quiroga acollerá o vindeiro 7 de maio ás 19h. a conferencia “Fertilización da oliveira. Introdución ao diagnóstico e tratamento de trastornos de aboado”, organizada dende a Asociación Amigos de los Aceites de Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL). A sesión será impartida por Montserrat Liceras, Enxeñeira Técnica Agrícola, membro da citada entidade e cunha ampla formación no campo da olivicultur.

“A olivicultura na comarca de Quiroga e áreas de influencia é un sector emerxente cada vez máis consolidado nestes territorio. Polo seu carácter emerxente, pode haber un certo descoñecemento ou desorientación no referente aos requirimentos nutricionais da planta”, explica o biólogo e presidente da asociación, José Espinosa.

Tamén indica que “con frecuencia preséntanse anomalías de produción desenvolvemento e aspecto relacionadas con desequilibrios, por defecto ou exceso de determinados nutrintes, anomalías que inherentes ou non aos territorios, o seu mantemento non achegan atributos ou calidades singulares aos produtos extraídos. A observación sensorial da presenza das manifestacións ou síntomas anómalos, e a súa posterior valoración facultativa ou técnica, permitirá establecer o desequilibrio nutricional da planta e formular con precisión e economía de medios as intervencións conducentes ao seu emendado de forma eficaz, permitindo con iso manter na explotación as condicións das que se deriven os produtos de calidade, valor e caracteres que permeten a súa diferenciación singular nos mercados”.

 

 

No decurso da conferencia abordará, de forma introdutoria, a problemática da fertilización da oliveira, sobre a base de mostrar síntomas de desequilibrio na planta observables sensorialmente, e cuxa presencia motive unha valoración cualificada e unha intervención subseguinte conducente a enmendar e non soster a deficiencia, intervención que en calquera caso ha de ser compatible cos parámetros de calidade que corresponden á explotación.

Na conferencia aplicarase o protocolo” anticovid” de máscara e distancia de seguridade. “Dada a limitación de aforo, ao redor de 50 prazas, requírese unha preinscrición antes do 5 de maio en amiaquigal@gmail.com ou amiaquigal@hotmail.com.

Artigos relacionados

Back to top button