Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Conferencia sobre “Nutrición e saúde” en O Colmado, no Barco

¿En que consiste unha comida sana e natural? ¿cal é a relación coa nosa saúde e cales son os principios para poder comer mellor? Son algunhas das preguntas que plantexaba e ás que ía dando resposta Rik Vermuyten, doutor en Química Clínica en Bélxica, na conferencia “Nutrición e saúde” que impartía na tarde do 10 de marzo no establecemento barquense “O Colmado ecolóxico e artesá”, situado no Malecón.

Preto de 20 persoas asistían á ponencia de Vermuyten, que está especializado en Macrobiótica, Medicina Natural, Homeopatía e Fitoterapia.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button