CulturaCulturaÚltima hora

Conferencia sobre o “Brasil de Bolsonaro”, na Rúa

Será impartida por Nathalia Thais, profesora da Universidade de Viçosa, o vindeiro 25 de xaneiro na biblioteca municipal
Cartel da conferencia.

“Orde e progreso? O Brasil de Bolsonaro”. Este será o título da charla informativa que impartirá o vindiero 25 de xaneiro ás 20h. na Biblioteca Pública da Rúa a profesora Nathalia Thais, da Universidade de Viçosa en Brasil. Esta investigadora, natural de Rondonia, é unha coñecedora e estudosa das comunidades indíxenas que pasou varios anos desenvolvendo o seu traballo na Universidade de Santiago de Compostela e como investigadora no Campus de Lugo, onde se doutorou polo programa de Enxeñaría para o Desenvolvemento Rural da USC.

Aproveitando a súa estadía en Galicia nestes días falará en Valdeorras da perspectiva coa que se atopan agora en Brasil ante a chegada ao poder de Jair Bolsonaro, de como se chegou a esta situación e sobre como afrontala. Esta conferencia está organizada a través de Valdeorras en Irmandade, entidade que convida a asistir para “coñecer de primeira man a situación do xigante de América do Sur”.

Artigos relacionados

Back to top button