OurenseÚltima hora

Confirman que foron os pais os que levaron á bebé desaparecida no CHUO

A Policía asegura que a colleron do hospital para evitar pagar os gastos médicos xerados polo ingreso da meniña
A Policía confirmou que a familia non está na cidade.

A investigación confirma que foron os pais os que levaron á meniña de 7 meses do CHUO. Segundo fontes policiais, non querían pagar os gastos médicos xerados polo ingreso da súa filla. A Policía tamén confirmou que os proxenitores da pequena son de orixe húngara, e non romanesa como dixeron ao principio, e que viñan de Alemaña e estaban de paso pola cidade.

En canto á pequena, os axentes aseguraron que “xa está recuperada”. Polo momento, non souberon confirmar onde está a familia agora, o que si saben é que hai impago dos gastos médicos e que non están na cidade.

Para máis información, nesta ligazón:  https://osil.info/policia-investiga-desaparicion-dunha-nena-de-7-meses-chuo/ 

Artigos relacionados

Back to top button